NEXT GENERATION: RETOS E OPORTUNIDADES NO 2022 PARA ENTIDADES LOCÁIS

08 Marzo 2022 -
Notice: Undefined variable: i in /home/novatfe/www/modules/blog/views/articulos/articulo.phtml on line 37
itemprop="image" src="/views/layouts/plantilla/img/blog/59/thumbs/next-generation-retos-e-oportunidades-no-2022-para-entidades-locais-dBPDjO.jpg" width="530" height="301" class="foto" layout="responsive" alt="NEXT GENERATION: RETOS E OPORTUNIDADES NO 2022 PARA ENTIDADES LOCÁIS">

– A Xunta, a través da Dirección Xeral de Administración Local, organiza o próximo martes día 8 de marzo, un seminario de gran interese para as administracións locais. Esta webinar tratará sobre a financiación de proxectos para as administracións locais e tentará explicar ás entidades locais todo o relacionado cos fondos Next Generation. Prestarase especial atención ás convocatorias que se prevé sairán no ano 2022 nas que os beneficiarios poden ser as entidades locais. Como ponente contaremos con Manuel Varela Rey, director de KNOWCONSUKTING, Manuel é experto na capacitación e xestión de Fondos Estruturais, e ademais está especializado no asesoramento a Servizos Públicos en colaboración público-privada. Formou parte da Xunta de Galicia exercendo como Director de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Data: martes 8 de marzo de 12.00 a 13.00 Esta actividade forma parte do proxecto 0636_Novatfe_1_E financiado con fondos europeos no marco da segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (POCTEP). A Dirección Xeral de Administración Local é unha das entidades beneficiarias do programa que achegará aos concellos e administracións locais a formación necesaria para a posta en marcha de novos proxectos emprendedores, a implantacións das tecnoloxías facilitadoras nas pequenas e medianas empresas, así como boas prácticas para as entidades locais en todo o relativo ás smart cities e a administración electrónica. Os interesados en participar poden apuntarse neste seminario e consultar tódalas actividades e seminarios na web do proxecto https://novatfe.com e no portal de Eido Local (www.eidolocal.gal).

Ver versión completa